02.11.- Sala de la madera

El carácter autárquico da economía del mundo rural y a pouca capacidá adquisitiva dos labradores nun resultaban un gran estímulo pa desenvolver actividades non agrícolas. Entre os poucos oficios consolidaos atopábanse aquelos qu’usaban a madera como materia prima de traballo.

Úa das actividades con carta de naturaleza propia era a dos serradores, que tumbaban el árbol nel monte coa brosa ou tronzador e procesábanla serrándola con úa serra d’aire ou úa serra portuguesa.

 madera

Os carpinteiros fabricaban ferramentas agrícolas e todo tipo de mobiliario doméstico, ademáis d’elementos constructivos como portas, ventás ou vigas. Polo común, dominaban a técnica d’outros oficios, como el de canteiro ou ferreiro, el que lles deixaba, en muitas ocasióis, diversificar el traballo. É el caso, por exemplo, de Lulo de Benino, carpinteiro-ferreiro de Bisuyu (Cangas de Narcea) que construía un par de rodas de carro por xornada de traballo. Nel taller del carpinteiro nun faltaba nunca el sou banco de traballo nin as ferramentas asociadas al sou oficio: brosas, axolas, cepillos, garlopas, trinchas, serróis, serras de marquetería, etc.

 cesteria

As necesidades que cubrir núa casa labradora deron pé al nacemento d’outros oficios específicos que cuntaban col sou propio instrumental pa traballar a madera. É el caso dos cesteiros, que dispuían de bancos diseñaos pa cuitelar ou cepillar as costelas (tiras de madera coas que se faían as cestas), os toneleiros ou os cullareiros, que traballaban con tornos axeitaos pas súas fabricacióis.