02.06.- Cuartín

Polo común, os cuartos pa durmir nas casas labradoras eran poucos e pequenos y el sou mobiliario probe y escaso. A mediaos del siglo XVIII, as máis das casas tían ún ou dous cuartos y había algúas que nun cuntaban con él. A xente d’úa familia durmía toda nun cuarto ou sala común, aga, se era posible, os padres y os abolos. As camas, como a que s’espón, eran camas de relleira ou trabas con xergón de follas de maíz, sabas de lin y úa colcha.

Cuartin

As huchas, os baúles y os cofres foron hasta últimos del siglo XIX cuase el único mobiliario da casa. Cuando nun eran abondo pa guardar el axuar testil y a vestimenta, ésta emporondábase d’úas varas postas nel fayao dos cuartos.

Destaca neste espacio un bercio col fondo de trabas y us furaos nel borde de riba coa función de deixar acarriar el neno e amarralo pa que nun se destapara ou cayese mentres a madre traballaba na casa ou salía pa ir á horta ou al horro.