02.02.- A Lareira / Cocía

A cocía era el centro neurálxico da vida labradora e, non poucas veces, el único cuarto das casas das familias máis desfavorecidas. Nela faíanse as máis das actividades domésticas y era el punto d’encontro da xente da unidá familiar e dos sous achegaos, valindo hasta de cuarto pa durmir. A súa función dobre como sito de traballo y espacio de socialización tía úa importancia especial nel inverno, cuando as noites largas e frías axudaban al traballo y á reunión alredor del único foco de luz e calor da casa.

A cocía del Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe el Ferreiro” mantén a súa ubicación orixinal. Accédese a ela pola entrada que, al pé da porta da casa, consiste nun pasillo ancho que fai de distribuidor pas outras salas del piso y el desván. Un taboao de trabas de castañeiro separa este espacio, diferenciándolo del resto da cocía.

Lareira1

Na entrada pode contemplarse úa colección notable d’obxetos y instrumentos relacionaos coa vida cotidiana y el labor doméstico. Del taboao de separación, unde pode verse un molín de café, colgan mantelos de pigureiro de la, e sobro d’él atópase úa mostra de cestos con funcióis diversas. Nun sito destacao ta a artesa, peza de relevancia singular na cocía, unde s’amasaba el pan e se guardaban as fogazas y a carne de consumo diario. Un conqueiro y úa trabeira guardan os pratos y os tarecos da cocía. Tamén na entrada poden observarse algús tipos de canadas ou ferradas p’acarriar el auga, cestos, caldeiros y algúas ferramentas da terra, entre elas axadas pa cavar el monte ou gabiochos, petas e rodos pa traballar a terra.

Colgaos na parede e na viga qu’atravesa a entrada espóinse cribos de pelello y alambre e caldeiras de cobre e ferro forxao. Éstas últimas fabricáronse nel mazo de Santalla d’Ozcos y usábanse pa derretir os roxóis ou unto del cocho.

Desque se pasa a entrada, accédese al ámbito estricto da lareira, qu’abarca un espacio cuadrangular situao a un nivel algo superior al del resto d’ambientes da cocía, todos elos enlouxaos. Núa posición central, un pouquín erguido porriba del tarrén d’alredor e zarrao con louxas verticales, ta a lareira ou lume baxo de leña unde se faía a comida y unde calecía a familia. El peligro de queimas minimízase aumentando a distancia á cuberta. Sobro da lareira ponse en altura un tecido de canas ou varas, chamao caínzo, del que s’emporondaba el embutido, a carne salada, as castañas ou cualquera outro producto que precisara un proceso de curao col fumo. A Casa Rectoral dispuía d’úa campá feita con trabas e varas entrencilladas cubertas de cal e barro, privilexo das casas acomodadas como ésta e que nun taba al alcance das casas labradoras, nas qu’el fumo escapaba polas rendixas de ventás e louxao.

Lareira2

Núa esquina ta el guindaste, estructura de madera integrada por un pé dereto y un brazo xiratorio que nel estremo ten a garmalleira, cadea regulable da que se colgan os potes de tres pés de ferro fundido ou as caldeiras de ferro ou cobre unde se faía a comida. Este mecanismo deixaba achegar ou apartar os recipientes al lume, según fora necesario. Pa evitar a esposición directa dos recipientes de base cha al lume usábanse as estrepias.

Alredor del lume central, ocupando tres dos sous laos, dispónse un escano de madera de castañeiro unde s’acopla úa mesa abatible que se baxa pa comer e retírase cuando se precisa espacio pa outros labores. Algús tallolos repártense na zona de paso, aumentando os sitos pa que se sentaran aquelas casaradas tan grandes qu’había. Empotradas na parede, alredor del escano, algúas lacenas zarradas valen pa guardar alimentos, concas e tarecos. Utensilios de cocía d’uso cotidiano como tixelas, chocolateiras de ferro fundido e de cobre, morteiros, garfelos, coladores, molíos de café, potas… repártense pola estancia, concentrándose nel conqueiro y as trabeiras. Xunto a elos poden verse tamén tambores p’amagostar as castañas, pranchas pá roupa ou elementos d’iluminación como carburos, lámparas d’aceite e candeleiros.

Lareira3

Delantre da lareira atópase el forno, unde se cocía el alimento básico da familia: el pan. Fabricao con ladrillos ou texas, barro e louxa y arenisca, el forno marca un perímetro semicircular que se destaca na pranta por fóra da casa. El frente ten úa porta por unde s’arroxa e se mete el pan. Cúbrese con úa veira de louxa qu’evita qu’as mochicas suban al fayao de madera y amañen úa queima. Debaxo da porta ábrese el sinceiro, unde se botan as brasas y a sinza. Xunto al forno tán sempre dispostas as pairas, el rodalo, el baxase (feito de ramas) y a forqueta. Pa cocer el pan arróxase el forno con leña hasta qu’as paredes teñan brancas (incandescentes). Nese momento bárrese e métese el pan a cocer. En cada fornada cocíanse úas nove fogazas y un bolo de toucín ou chourizo. A elaboración del pan era un labor esclusivamente feminino. Amasábase cada quince días e cuase sempre a víspora d’úa festa ou d’un labor que precisara axuda dos vecíos, a os que se brindaba úa boa comida. Antes de meter el pan al forno faíase úa cruz y implorábase con rezos pa que salira bon: “A San Pantaleón, que lo saque bon, a San Justo, que de pouco lo volva muito, y a San Vicente, que lo acreciente, y a San Bartolo, que saque bon bolo, y a San Froilán, que saque bon pan” (Ouría, concello d’Ibias).

Debaxo da ventá, beneficiándose da luz natural, ta el fregadeiro, consistente núa pila monolítica metida na parede. El abocinamento da abertura deixa amañar úa poyata unde se pousan as sellas ou ferradas coas que se traía el auga á casa dende a fonte, labor que faían as mulleres.

Entre el forno y a ventá ponse el trobo de colar. Este aparato usábase pa faer a colada da roupa branca, labor que correspondía tamén ás mulleres da familia. Componse d’un tronco vaciao, trobo, normalmente de castañeiro, que se pon sobro d’úa pedra redonda, dala, empotrada parcialmente na parede e con un pizpiñeiro pa botar fóra el auga. A roupa mollada métese nel trobo e cúbrese con úa tela ordinaria e tupida chea de sinza de leña unde van verquendo caldeiros d’auga calente con úa secuencia de “tres tempradías, tres calentías e tres fervidías”, conseguindo d’este xeito qu’el auga en contacto coa sinza se trasformara núa lexía que branquiaba e desinfestaba a roupa.