A casa Rectoral vella da parroquia de Grandas de Salime refézose en 1989 e foi a primeira sede da colección del Museo Etnográfico na súa ubicación actual. As obras de restauración introduciron modificacióis pequenas na traza esterna del edificio e cambeos de máis envergadura nel interior, que foi necesario axeitar pá función nova. Algúa das portas das salas veron da Casa Guzmán de Samartín d’Ozcos. A casa Rectoral foi construída en 1814 derriba del solar d’outra máis vella, derribada por culpa del mal que taba. A reedificación da casa Rectoral era xa úa necesidá a últimos del siglo XVIII. Así e todo, a obra foi demorándose, primeiro, por falta de cuartos e, máis tarde, a consecuencia da Guerra da Independencia. Foi despóis d’acabar ésta cuando empezóu a construcción del edificio que chegóu hasta nosoutros.
Nel Libro de Fábrica da parroquia anótase en 1814 un gasto de “1.711 reales y 21 maravedíes que de los fondos de la fábrica tomaron los feligreses para dar principio a la casa Rectoral”. Os traballos duraron algús anos, con un coste total de 16.513 reales. Destináronse 7.643 reales á adquisición de materiales: “mil y sesenta palmos de tabla”; “vigas, maderas gruesas, viguetas, columnas y canteados”; “clavos de todo género, bisagras de todas clases, picaportes y cerraduras”; “la losa y su conducción”; “la cal y la arena con su conducción” e “la cantería labrada para las puertas y ventanas”. Os xornales de carpinteiros, canteiros e ferreiros subiron a 8.870 reales. A primeira casa Rectoral tía un horro que tiraron nos primeiros anos del siglo XIX. Núa sociedá de base labradora, estas construccióis resultaban imprescindibles pa garantizar el almacenamento y a conservación dos productos, razón que levóu á parroquia en 1828 a cambiar el horro, que tiraran gastando “ochocientos reales que costó la panera u orrio que se halla en el corral de la rectoría para recoger el pan de diezmo, que no se podía pasar sin ella, tasola y preció el carpintero don Manuel Cotarelo, vecino del lugar de Balmaior [Busmayor] en dicha cantidad”. El horro novo tróuxose del lugar de Malneira, a 5 km de Grandas de Salime, e tuveron que pagarse 112 reales por desarmalo, acarrialo e levalo hasta a casa Rectoral, que nese labor “se emplearon veinte carros”. P’acabar, gastáronse 367 reales en armar el horro e construír úa corte ou bodega debaxo d’él, ademáis d’en pagar cinco carros de louxa que se trouxeron dende Pelorde (Pezós), douscentos cravos de louxar y a traba pa cubrir a corte. Este horro y a súa bodega tumbáronse nos primeiros anos del siglo XX. El edificio rectoral decimonónico responde del todo a os criterios da arquitectura popular da contornada. El material constructivo básico, e cuase esclusivo, é a louxa, usada nas paredes, nos marcos de ventás e portas, e nas cubertas. A carpintería é de madera de castañeiro e, menos, de carballo. Os paramentos por fóra tán daos de cal, acabao eminentemente funcional que favorece a impermeabilización das paredes e que s’encontraba namáis al alcance dos propietarios máis ricos. A distribución da casa, antes da súa reforma pa museo, reservaba el piso d’enriba pa vivir, con lareira, sala, cuarto de durmir, despacho pa párroco y un par de cuartos; mentres que nel piso d’embaxo taban as cortes y a bodega.