El Museo
El Museo fundóuse nel ano 1984 sobre a base da colección etnográfica xuntada por J. M.ª Naveiras Escanlar, Pepe el Ferreiro, que foi el sou impulsor e director hasta el ano 2010. Instalao primeiro nos baxos del Concello de Grandas de Salime, el Museo trasladóuse al sito unde ta agora en 1989, ocupando a Casa Rectoral vella da vila, que se remocicóu pá ocasión. Dende entoncias el Museo seguíu medrando y hoi as súas instalacióis ocupan úa superficie de máis de 3.000 m2. As áreas d’esposición repártense en tres edificios principales qu’exemplifican a arquitectura tradicional da zona: Casa Rectoral, Casa del Molieiro y A Casoa. Nos espacios abertos de tránsito atópanse cada pouco arquitecturas menores y elementos mobles de finalidá específica, que tamén s’integran na esposición, entre os que s’encontran el molín, el horro, a panera, el cabazo ou a capilla.
El núcleo central da colección compónlo el conxunto inicial recopilao por D. José María Naveiras Escanlar. Despóis sufríu un incremento constante por adquisición pero, sobre todo, por donación e depósito de particulares. El reportorio material céntrase nel xeito de vida rural labrador tradicional y os oficios desenvoltos nese medio, remitindo el sou ámbito xeográfico a os concellos del occidente asturiano, pero incorporando tamén mostras procedentes d’outras zonas d’Asturias, de diversas rexóis peninsulares e de distintas áreas europeas.